Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cospeito inaugura A Feira Brava: Sabores do Monte para defender os produtos locais

Cospeito inaugura A Feira Brava: Sabores do Monte para defender os produtos locais

 A Feira Brava é un novo escaparate para defender os produtos de quilómetro cero

G24.gal 19/10/2025 14:42

O Concello de Cospeito organizou para este domingo a Feira Brava: Sabores do Monte. Unha nova feira que nace como escaparate dos produtos dos produtores da comarca.

Para comezar, a Feira Brava debutou con degustacións e arredor de 20 expositores da zona. Tres deles son produtores locais. Do concello de Cospeito participaron tres produtores: unha granxa de paspallás, unha produtora de arandos e un apicultor.

Dende primeira hora da mañá amoreouse o público, xente interesada nestes produtos, entre outros motivos, porque Cospeito é un concello rural no que os veciños valoran todo o que se produce no campo dun xeito natural.

A Feira Brava inaugurouse coincidindo coa xa tradicional da Feira do Monte. Desde as 11 da mañá ata as 19 horas, hai degustacións, showcooking e charlas sobre cociña. Servirán estas actividades para poñer en valor as posibilidades culinarias da perdiz, o faisán, o corzo e o xabaril.

Na feira tamén teñen especial relevancia dos expositores con produtos de temporada, como as castañas, os cogomelos, o mel e as confeituras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade