Publicador de contidos

Publicador de contidos

As tendas de roupa agardan a chegada do frío e a chuvia para animar as vendas

As tendas de roupa agardan a chegada do frío e a chuvia para animar as vendas

A calor deste mes de outubro en Galicia atrasa a campaña da moda de outono-inverno

A temporada comezou mal, pero os comerciantes aínda esperan poder salvar a temporada

No primeiro día de chuvia as tendas xa comezaron a vender máis pezas de abrigo.
G24.gal 19/10/2025 21:06 Última actualización 19/10/2025 21:42

A piques de comezar o mes de novembro e con temperaturas por riba de 20 graos en boa parte de Galicia, e con 30 graos por exemplo en Ourense non apetece demasiado mercar roupa de inverno.

Xa compraches algo de roupa de abrigo este ano? É a pregunta que lle fixemos que andaba de compras por Allariz. 

"Nada, nada, só aproveitando o do ano pasado porque só vai sol e calor, hai mellores días agora que en agosto".
"Ata agora non, vimos hoxe como veu o frío e a chuvia empezamos a comprar hoxe". "É o primeiro día que chove en seis meses e frío de momento non vai", comentan varias persoas. 

E iso, tempo e temperaturas de outono é o que precisan nas tendas de moda para que se animen as vendas das pezas de temporada.

O frío non dá chegado e nin con ofertas as chaquetas saían das perchas á rúa, ata agora.

"Agora si que é verdade que empezamos a notar que a xente merca abrigos, xerseis e algún gorriño", di Gloria Pueyo, que é dependenta de La Granja de Perico Shopmultimarca. 

Con todo, agora que as rúas volven estar molladas hai ganas de mudar de vestimenta. 

"Si xa me apetece e creo tamén cómpre que chova en Galicia un pouco"

O comerciol local por exemplo, en Allariz, mantívose din grazas ao turismo. E os comerciantes agardan que co cambio do tempo poidan salvar aínda esta temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade