As enerxías renovables son as que permiten un maior aforro na factura
A bomba de calor de aerotermia ou xeotermia combinada con fotovoltaica para evitar o consumo de electricidade presentase como a opción máis eficiente para quentar a vivenda nos meses de frío
Coñecer os sistemas de calefacción é imprescindible para aforrar á hora de querer conseguir un confort térmico no fogar. En función da alternativa que escollamos a factura pode variar ata un 69 por cento a final de mes.
A bomba de calor de aerotermia ou xeotermia combinada con fotovoltaica para evitar o consumo de electricidade presentase como a opción máis eficiente para quentar a vivenda nos meses de frío.
As enerxías renovables son segundo os expertos a fórmula maxistral para unha correcta eficiencia enerxética. Pero para conseguir o aforro na factura hai outros factores a ter en conta.
Unha temperatura de 19 graos con roupa axeitada é segundo os expertos suficiente para manter o confort. Tamén a ventilación é outro dos factores que poden axudar.
Dependendo dos sistemas que empreguemos para quentar a nosa casa, a factura pode variar ata un 69 por cento a final de mes.