Aumentan as vendas da lotaría durante a fin de semana
Este ano póñense á venda 198 millóns de décimos, cinco series máis que o ano pasado
O que non aumentan son as probabilidades de que toque porque non bombo entran as cen mil bólas de sempre
En Galicia póñense en circulación máis de once millóns de décimos. Os lugueses foron os que máis gastaron en lotería o ano pasado aínda que moita da que se vende nas administracións das cidades viaxa fóra.
A pouco máis de 15 días do sorteo en Santiago as administracións traballan sen descanso no festivo. A maioría dos compradores de hoxe están de visita e queren levar con eles a sorte compostelá, case todos para compartir.
"Vimos desde Huelva e compramos distintos números para a familia e os amigos a ver se toca"
"Facemos peña entre nós para compartir décimos no traballo"
"A nosos pais tocoulles algunha vez, así que toca"
"Soñei con que me ía tocar se a compraba en Santiago e levaba o número 12"
Os compradores de sempre confían nas súas administracións, algúns a números fixos e outros á sorte que lles dean.
"Temos números que os clientes habituais compran desde hai moitos anos, incluso institucións que xa non existen e xogaban a un número seguen comprando ese número. Veñen e din o meu avó compraba e nós seguimos. Este sorteo ten un espírito e unha tradición que poucas cousas o ten", asegura Pedro Castillo, da administración da Praza de Cervantes
Moitos dos compradores xogan só nestas datas, pola tradición, por non ser os únicos que quedan sen mercar dentro dun grupo e fundamentalmente por se ao final toca.