Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio nunha vivenda en Nigrán obriga a desaloxar unha familia

O incendio nunha vivenda en Nigrán obriga a desaloxar unha familia

Finalmente volveron ao seu interior e quedaron no salón

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 10/03/2026 07:59 Última actualización 10/03/2026 08:17

Un incendio nunha vivenda obrigou a desaloxar unha familiar no barrio do Viso, en Nigrán. Os feitos sucederon sobre as 02:45 horas deste mércores. Foi un particular o que alertou ás forzas de seguridade e dixo que lle ardía o cadro eléctrico que estaba na cociña.

Queimouse a instalación eléctrica e a casa estaba chea de fume.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Val Miñor, que desaloxaron a familia ata que quedou libre de fume. Finalmente, volveron ao seu interior e quedaron no salón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade