Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller nunha praia de Porto do Son

Falece unha muller nunha praia de Porto do Son

Un particular avisou de que a muller se atopaba boca abaixo na auga da praia de Aguieira

Acudiu o helicóptero medicalizado Acudiu o helicóptero medicalizado
G24.gal 01/07/2025 20:51

Unha muller faleceu na praia de Aguieira, en Porto do Son (A Coruña). A persoa que alertou do suceso indicou que a sacaban á area e estaban a tentar reanimala.

Segundo informa o 112 Galicia, foi arredor das 19:00 horas cando este particular avisou de que a muller se atopaba boca abaixo na auga da praia de Aguieira.

Deste xeito, o CIAE 112 Galicia informou o Servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, á Garda Civil e á Policía Local.

Os servizos de emerxencia que acudiron ao lugar non puideron facer nada para evitar a súa morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade