Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xoguete viral Labubu desata unha onda de fraudes en liña

O xoguete viral Labubu desata unha onda de fraudes en liña

O éxito internacional deste xoguete converteuno en obxectivo de falsificacións, estafas e tendas fraudulentas en Internet

Naceron hai 10 anos no Xapón
G24.gal 02/07/2025 17:15

Os labubus son uns bonecos que son todo un fenómeno entre os máis novos. Naceron hai 10 anos no Xapón, e o seu éxito traspasou fronteiras.

Ao noso país chegou hai cousa dun ano, da man das redes sociais e de celebrities internacionais coma Rihanna ou David Beckam, que os locen sen complexos.

O encanto destes pequenos monstros de peluxe non coñece límites. Dende as redes sociais ata os escaparates dos comercios, o fenómeno non para de medrar. Parte do seu éxito radica en que se venden en caixas sorpresa e non se sabe realmente o que se compra ata que se abre. Algo que conquista sobre todo á xeración Z.

Disposta a pagar uns 60 euros por un labubu orixinal, máis aínda se se trata de edicións limitadas ou para coleccionistas. O que máis abundan, porén, son as réplicas ou falsificacións, a prezos moito máis económicos.

"O que se pon de moda, xa se sabe que sobe o prezo". "A xente que coñezo ten falsificacións, que mercou nun bazar", din unhas rapazas.

Tanto furor desata que os ciberdelincuentes viron o filón e proliferan as páxinas web fraudulentas, que se fan pasar polo fabricante oficial.
O problema non radica en recibir unha falsificación.

Miguel López, presidente da Confederación Consumes, explica que o perigo non é tanto que non nos vaia chegar nada á casa, como que o que pretenden é roubar os datos persoais e da tarxeta bancaria.

Mercar só en canles verificadas e portais oficiais, utilizar medios de pago seguros e desconfiar das gangas son algúns dos consellos a aplicar para evitar ser vítimas deste engano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade