Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UCO investiga un empresario de Santiago por un caso de delitos fiscais

A UCO investiga un empresario de Santiago por un caso de delitos fiscais

Os axentes da UCO botaron a porta do domicilio abaixo para proceder co rexistro

O empresario foise nun dos coches da Garda Civil logo do rexistro

O empresario investigado meténdose nunha patrulla da Gardia Civil- EUROPA PRESS
G24.gal 08/07/2025 17:14

Un empresario do sector da alimentación de Santiago de Compostela está a ser investigado no marco dunha operación da UCO da Garda Civil contra delitos fiscais.

Segundo fontes, arredor das 8:00 horas deste martes, un equipo de investigación da UCO, xunto a efectivos da Comandancia da Coruña, entrou forzando a porta no domicilio do empresario, na rúa Algalia de Abaixo.

Alí, os investigadores da UCO realizaron o rexistro en presenza do empresario. A operación prolongouse ata as 15:00 horas, cando os axentes abandonaron o inmoble xunto ao home, que foi introducido nun vehículo da Garda Civil.

Por agora, só transcendeu que é unha operación contra delitos fiscais con rexistros noutras provincias coma Valencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade