Publicador de contidos

Publicador de contidos

A investigación detrás dos produtos alimentarios

A investigación detrás dos produtos alimentarios

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias de Lugo é un referente en Europa na creación e mellora de produtos de alimentación

G24.gal 13/12/2025 14:20 Última actualización 13/12/2025 19:03

Detrás de calquera produto de alimentación que podemos atopar nun supermercado ou nunha pequena tenda, hai un traballo de investigación multidisciplinar arduo. Pois ben, en Lugo está unha planta piloto única en Europa polas súas características, dotada con catro laboratorios e coas instalacións necesarias para a creación de novos produtos e a mellora dos que o necesiten, a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias.

"Colaboramos principalmente no desenvolvemento de produtos que queren sacar ao mercado, en mellorar produtos e procesos que teñen algún problema e tamén valorizando subprodutos, asegura Manuel Gómez, técnico superior de investigación da Aula de Produtos Lácteos.

Dende este centro poténciase a industria alimentaria e xérase novo coñecemento a través de liñas propias de I+D+I, pero tamén ofrece formación.

"Temos os mesmos equipos dunha planta industrial pero en escala máis pequena. Podemos facer probas cos produtos que estamos desenvolvendo para ver como funcionarían nas empresas grandes", explica Gómez.

"Desenvólvense moitos produtos para xeriátricos, alimentación hospitalaria, para xente que ao mellor prefire un produto con menos sal. Hai que comprobar que o produto cumpre cos obxectivos e é ben valorado por parte do consumidor", di Paz Fernández, técnica superior da Aula de Produtos Lácteos.

A Aula é un referente para empresas de dentro e fóra de Europa, pero o seu obxectivo é que tamén as pequenas empresas locais poidan acceder aos seus servizos, para o que sería necesaria unha maior implicación das Administracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos