Publicador de contidos

Publicador de contidos

En liberdade o dono e o director executivo da aeroliña Plus Ultra

En liberdade o dono e o director executivo da aeroliña Plus Ultra

O xuíz decretou para eles a prohibición de saír do país, a retirada do pasaporte e a obrigación de comparecer semanalmente no xulgado

O dono e o director executivo de Plus Ultra foron detidos este xoves polos axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Policía Nacional

Rexistro da sede de Pus Ultra (EFE) Rexistro da sede de Pus Ultra (EFE)
G24.gal 13/12/2025 19:06 Última actualización 13/12/2025 19:37

Os detidos, o dono da aeroliña, Julio Martínez, e o seu director executivo, Roberto Roselli, quedaron en liberdade con medidas cautelares na operación aberta por un presunto delito de branqueo de capitais.

Os dous compareceron, xunto a outros dous investigados, ante o titular do Xulgado de Instrución 13 de Madrid, quen decretou para eles a prohibición de saír do país, a retirada do pasaporte e a obrigación de comparecer semanalmente no xulgado.

O maxistrado atendeu a petición formulada pola Fiscalía Anticorrupción despois de negárense os investigados a declarar ao estar a causa baixo segredo. O xuíz inhibiuse perante o Xulgado de Instrución número 15 de Madrid, que é o que investiga este procedemento e o mesmo que hai anos investigou o rescate de 53 millóns de euros da aeroliña, aínda que acabou arquivando a causa.

O dono e o director executivo de Plus Ultra foron detidos o xoves polos axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Policía Nacional, que tamén arrestaron outras dúas persoas, entre elas un empresario, Julio M. M., nunha operación impulsada pola Fiscalía Anticorrupción. No marco desta operación varios axentes da UDEF acudiron ás oficinas centrais da aeroliña para tratar de solicitar información fiscal da compañía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade