Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os gandeiros denuncian que entra leite doutros países a prezos por debaixo de custo

Os gandeiros denuncian que entra leite doutros países a prezos por debaixo de custo

Mobilizáronse diante dunha superficie comercial en Santiago para visibilizar que os prezos de venda non se axustan aos de produción

Denuncian que as industrias lácteas queren rebaixar as condicións económicas dos próximos contratos cando máis lles custa producir

G24.gal 21/03/2026 13:45

Unións Agrarias convocou este sábado unha protesta despois de denunciar que durante esta semana estivo entrando leite procedente de Francia e Portugal nas industrias lácteas galegas, con prezos moi por debaixo dos custos de produción. Aseguran que o sector xa non aguanta máis.

"Levamos máis dunha semana con piquetes informativos diante das industrias de leite para constatar algo que viñamos anunciando: que entra masivamente leite a baixo prezo, fundamentalmente de Portugal e Francia. E temos moitas dúbidas da trazabilidade dese leite", asegura Óscar Pose, responsable do sector lácteo de Unións Agrarias

Denuncian que as industrias lácteas queren rebaixar as condicións económicas dos próximos contratos nun momento en que os custos de produción subiron entre 6 e 7 céntimos por litro. 

Din que os prezos de venda ao público detectados, entre 76 e 79 céntimos por litro non cobren os custos de produción en Galicia e que as superficies que o comercializan a este prezo fan unha "venda a perdas" e empregan o leite como produto reclamo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade