Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prado di que o PP loita por un prezo xusto do leite e polas cláusulas de salvagarda ante Mercosur

Prado di que o PP loita por un prezo xusto do leite e polas cláusulas de salvagarda ante Mercosur

Considera que o Debate de Política Xeral demostrou que o PP “representa á Galicia do si", fronte a unha oposición que está "afastada da realidade"

Paula Prado, durante a súa visita á feira Moexmu en Cospeito (TVG) Paula Prado, durante a súa visita á feira Moexmu en Cospeito (TVG)
G24.gal 12/04/2026 17:25

A secretaria xeral do Partido Popular galego, Paula Prado, quixo lembrar este domingo o compromiso do seu partido co rural.

Fíxoo durante unha visita á Mostra Exposición de Muimenta, a Moexmu. Prado quixo salientar o traballo do PP en defensa do sector gandeiro galego, loitando por esas cláusulas de salvagarda no tratado do Mercosur e porque os gandeiros reciban un prezo xusto polo leite.

 

Paula Prado fixo ademais valoración do Debate de Política Xeral celebrado esta semana no Parlamento de Galicia. Considera que demostrou que o seu partido "“representa á Galicia do si", fronte a unha oposición que está "afastada da realidade" e de "as necesidades dos galegos e galegas". Lembrou que se aprobaron 52 propostas de resolución, once delas por unanimidade, que marcan "o camiño dos próximos meses" para a Xunta de Galicia.

Prado asegurou que este "bo número de acordos" mostra que o PPdeG está "disposto a negociar", a pesar de que 40 das propostas de resolución aprobadas eran do seu partido, que só aceptou tres iniciativas de BNG e PSdeG, mentres que o resto das que saíron adiante son de Democracia Ourensana.

Segundo destacou, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, estableceu unha folla de ruta para o que queda de lexislatura con "medidas ambiciosas e realistas" que están "pensadas para a Galicia do progreso e para mellorar a vida da cidadanía".

Pola súa banda, a oposición volveu a mostrarse como a do "non", dixo en referencia ao BNG, ou a do "non hai goberno", o PSdeG, ao posicionarse en contra das medidas "de futuro" expostas polo PPdeG, como único partido da "Galicia do si", afirmou Prado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade