A policía detén o presidente e o CEO de Plus Ultra nunha operación por presunto branqueo
A UDEF investiga a compañía por orde do Xulgado de Instrución número 15 de Madrid
A policía rexistrou a sede da aeroliña
A Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Policía Nacional detivo o presidente de Plus Ultra, Julio Martínez, e o director executivo da aeroliña, Roberto Roselli.
Están investigados nunha operación contra o branqueo de capitais.
A policía rexistrou ademais a sede da compañía.
Fontes consultadas indican que a investigación está en mans do Xulgado de Instrución número 15 de Madrid e permanece baixo segredo de sumario.
O mesmo xulgado arquivou en 2023 a causa polo rescate público
Este xulgado tamén arquivou en xaneiro de 2023 a causa en que investigaba presuntas irregularidades na concesión á aeroliña de 53 millóns de euros durante a pandemia.
A maxistrada Esperanza Collazos concluíu nese auto que o rescate fora aprobado polo Consello de Ministros e que os investigados non tiñan capacidade de decisión.
A Audiencia de Madrid apoiara esa interpretación ao sinalar que non procedía declarar investigado o representante legal da compañía porque expirara o prazo de 12 meses previsto para as dilixencias.
A xuíza considerara que os datos existentes non permitían avanzar na investigación nin atribuír responsabilidade penal ás persoas físicas ou xurídicas implicadas, xa que a decisión dependía do Consello de Ministros, órgano que autorizou a subvención.