Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional avisa dun repunte en Galicia de estafas en investimentos con criptomoedas

A Policía Nacional avisa dun repunte en Galicia de estafas en investimentos con criptomoedas

Nas últimas semanas recibíronse múltiples denuncias con importantes sumas de diñeiro estafadas

Lémbrase a importancia de valorar a veracidade das ofertas de investimentos que recibimos por mail ou redes sociais

G24.gal 21/03/2026 11:13

A Policía Nacional está a detectar un repunte significativo de estafas en Galicia nas últimas semanas centrado en falsos investimentos en criptomoedas. Os delincuentes aproveitan o crecente interese e o descoñecemento neste tipo de divisas para enganar aos cidadáns, causando substanciosas perdas económicas.

A maior parte dos ciberdelincuentes contactan coas súas vítimas a través das aplicacións de mensaxería instantánea e das redes sociais, onde publicitan os seus servizos, ofrecéndolles alta rendibilidade mediante o investimento en criptomoedas.  

Noutras ocasións, son as vítimas as que buscan na rede posibilidades de investimento e acaban caendo en falsos “chiringuitos financeiros” que lles ofrecen rendibilidades imposibles.

O modus operandi consiste en solicitar un investimento inicial que oscilará entre os 100 e os 250 euros. Tras iso, achegaranlle á vítima o acceso a unha páxina ou app fraudulenta. Nesta faranlle crer, con datos falsos e mostrando sempre ganancias, que o seu investimento crece, e animarana a efectuar cada vez transferencias máis cuantiosas. 

A realidade é que o diñeiro nunca estivo investido, o que a vítima ve é unha ficción creada polos estafadores. No momento que eles consideren, e se a persoa estafada comeza a sospeitar ou di non ter máis diñeiro para investir, bloquearán a súa conta e deixarán de interactuar coa vítima.

Pautas para evitar ser vítima dunha estafa de investimento

1. Desconfíar das promesas de ganancias rápidas e sen riscos. Os investimentos en criptomoedas sempre conlevan riscos. Se nos ofrecen rendibilidades periódicas e seguras debemos desconfiar.

2. Ser cauteloso coas ofertas que nos cheguen de forma inesperada. Estea especialmente alerta coas ofertas recibidas desde redes sociais ou email.

3. Investiguar a fondo antes de investir. Antes de usar calquera plataforma verifique a súa reputación. Busque recensións ou comentarios e comprobe se está regulada polos autoridades competentes.

4. En caso de sospeita, consultar na Comisión Nacional do Mercado de Valores. Esta comisión ten unha listaxe completa do que son considerados “chiringuitos financeiros”, é dicir, entidades non autorizadas.

5. Desconfiar de presións para investir rápido: As estafas adoitan utilizar tácticas de urxencia para forzar decisións apresuradas e que non haxa posibilidade de contrastar a veracidade da páxina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade