Publicador de contidos

Publicador de contidos

Decoración do Nadal tecida a gancho en Castro Caldelas

Decoración do Nadal tecida a gancho en Castro Caldelas

Os adornos foron elaborados polas mulleres da asociación de xubilados

G24.gal 14/12/2025 20:55

Aprenderon o labor do gancho das súas nais e avoas e decidiron pór os seus coñecementos e habilidades ao servizo do Nadal en Castro Caldelas. Comezaron o ano pasado cunha árbore de tres metros sobre unha armazón de refugallos reutilizados, trasnos e letras tecidas e este ano engadíronlle, entre outros adornos, as grilandas que decoran as rúas. Fano para compartir horas de lecer pero o seu traballo esperta admiración entre veciños e visitantes.

Pór en valor un labor artesanal co que antes se decoraban as casas e transmitir este legado aos máis novos é o obxectivo desta decoración, segundo a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega. Traballan xa para ir incrementando ano tras anos os adornos tecidos a man cos que engalanar os recunchos máis emblemáticos desta vila, recoñecida como unha das máis bonitas de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade