Publicador de contidos

Publicador de contidos

A condena de 80 anos ao contable de Ana Duato, punto de inflexión para os asesores fiscais

A condena de 80 anos ao contable de Ana Duato, punto de inflexión para os asesores fiscais

Recae sobre o asesor fiscal a responsabilidade das defraudacións a Facenda

A sentenza absolve algúns clientes, como Ana Duato, ao considerar que non se pode demostrar que soubese o que pasaba

G24.gal 08/07/2025 13:49

O caso Nummaria, no que estaban investigados Imanol Arias e Ana Duato, deixa unha sentenza cunha condena histórica: 80 anos de cárcere para o asesor fiscal. Recae sobre el a responsabilidade das defraudacións a Facenda, mentres que absolve algúns clientes, como Duato, ao considerar que non se pode demostrar que soubese o que pasaba. 

A nova correu como a pólvora entre os asesores fiscais. Javier Gómez Taboada, socio da área tributaria de Maio Legal, explica que xerou dentro do asesoramento fiscal profesionalizado unha opinión xeneralizada de que isto pode valer como punto de inflexión, que non todo vale no asesoramento fiscal. "Temos que ter cautelas básicas, e os aspectos importantes debemos expoñérllelos por escrito aos clientes para que sexan conscientes do que están facendo, e sempre dentro da estrita legalidade".

A condena de 80 anos non é só polas operacións económicas que facían aos seus clientes. "Ten 32 anos por delitos propios, que el cometeu sobre os seus IRPF e IVE", reflexiona Gómez.

Ana Duato, que resultou absolta, mantivo a súa inocencia durante o xuízo. Dixo que confiaba plenamente no asesor e tiña a tranquilidade de que as cousas estaban ben feitas porque así llo dicía. O experto de Maio Legal destaca: "Parece que o Tribunal apostou moito por valorar o grao de descoñecemento que a contribuínte tiña do suposto concreto que a ela lle afectaba".

A sentenza non é firme e o asesor podería cumprir como máximo nove anos de cárcere.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade