Morre un matrimonio de octoxenarios nun accidente entre dous coches en Silleda
O sinistro produciuse na Nacional 640, á altura de Escuadro
O condutor do outro vehículo resultou ferido

Un matrimonio de 83 e 84 anos de Silleda morreu este mércores nun choque entre dous vehículos ocorrido na parroquia de Escuadro.
O condutor do outro coche resultou ferido e foi trasladado ao centro de saúde.
O sinistro produciuse sobre as 15:20 horas ao colidir dous vehículos no quilómetro 185 da nacional 640.
Un particular foi quen alertou aos servizos de emerxencia.
Ao lugar desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como os Bombeiros do Deza, a Garda Civil e a Policía Local.
O condutor do outro vehículo resultou ferido e foi trasladado ao centro de saúde.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento de dúas persoas nun accidente entre dous coches en Silleda.
— 112 Galicia (@112Galicia) July 2, 2025
📍 Quilómetro 185 da N-640, parroquia de Escuadro.
➡️ O condutor do outro vehículo resultou ferido.
🔗 https://t.co/fHbf7Xr3EV pic.twitter.com/UUuQgizzvT