Publicador de contidos

Publicador de contidos

A procura de piso en Santiago obriga os estudantes a facer noite na rúa

A procura de piso en Santiago obriga os estudantes a facer noite na rúa

Centos de estudantes agardan durante horas ás portas das inmobiliarias ante a escaseza de vivenda 

Os estudantes ás portas das inmobiliarias
G24.gal 02/07/2025 16:54

A altas horas da madrugada chegan os estudantes ás portas das inmobiliarias neste caso na capital galega. É o único xeito de conseguir un piso no que vivir durante o curso.

Ademais de madrugar e agardar horas en ringleira os estudantes fan o seu particular viacrucis polas inmobiliarias para tentar conseguir ese piso que máis se achegue ao 'bo, bonito e barato'. Pero nin con esas é doado.

A imaxe repítese cada verán. Fan metros e metros de ringleira e horas de agarda para tentar atopar vivenda para o curso que vén. 

Ante a dificultade de conseguir algo, decidiron facer noite ás portas da inmobiliaria para seren dos primeiros en escoller. Organizan grupos para visitar os que hai e xa contan con pagar de 200 a 300 euros por cabeza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade