Publicador de contidos

Publicador de contidos

O alumnado aproveita o último día antes de presentarse á convocatoria extraordinaria da PAU

O alumnado aproveita o último día antes de presentarse á convocatoria extraordinaria da PAU

A esta proba selectiva preséntanse os estudantes que non puideron concorrer en xuño ou que tratan de subir nota

Un bacharel nunha academia do barrio lugués de Recatelo
Félix Aragunde 30/06/2025 12:58

Un mes despois da convocatoria ordinaria da PAU, o alumnado que aspire a acceder a unha carreira terá unha nova oportunidade. Será na convocatoria extraordinaria, que se celebra en toda Galicia dende este martes ata o xoves 3 de xullo. A esta proba selectiva preséntanse os estudantes que non puideron concorrer en xuño ou que tratan de subir nota.

"Están agora a presentarse sobre todo ás materias que ponderan, para poder chegar a esa nota. Logo está o alumno que fixo un traballo máis frouxiño durante o ano, que ten nesta segunda convocatoria unha segunda oportunidade", explica José Luís Reboredo, xerente dunha academia de estudos.

Dende as academias de estudos salientan que esta segunda convocatoria da PAU ten o mesmo nivel que a primeira, malia presentárense moitos menos alumnos.

"Normalmente os resultados son un pouco peores nesta convocatoria, e cada vez se presenta menos xente. Hai xente que repite, e a porcentaxe de suspensos é pequena", sinala José Manuel Rivas, xerente doutra academia.

"O pistón está un pouco máis para abaixo, máis suaviño. E a xente que vén aquí normalmente necesita notas de corte moi baixas, exceptuando os que ponderan para entrar na carreira da que quedaron fóra", engade Reboredo. 

Durante tres días os aspirantes a cursar estudos universitarios poderán realizar ata oito exames.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade