Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hidroxeólogos celebran o Día da Auga na Ribeira Sacra

Os hidroxeólogos celebran o Día da Auga na Ribeira Sacra

Queren dar a coñecer a relevancia das augas subterráneas

Supoñen o 33 por cento da auga doce do planeta.

G24.gal 21/03/2026 18:23 Última actualización 21/03/2026 18:42

Este domingo celébrase o Día da Auga para poñer en valor a importancia deste recurso, especialmente das augas subterráneas. Membros da Asociación Internacional de Hidroxeólogos en España organizaron un percorrido polo canón do Río Mao, na Ribeira Sacra.

A auga define a paisaxe da Ribeira Sacra. Auga que emerxe de mananciais ao carón do río Bao

"Cada quilómetro que baixa a auga a temperatura sobe 30 graos, entón esta auga que vai polas fracturas cando baixa un quilómetro xa está a 45 graos. Aquí en Parada de Sil existen dúas fontes termais", asegura Eduardo González, organizador da actividade

É un dos descubrimentos deste pecorrido polos recursos hidrolóxicos da Ribeira Sacra centrado nas augas subterráneas que supoñen o 33 por cento da auga doce do planeta.

"A maior parte da sociedade nin as coñece, nin as valora, nin sabe do seu funcionamento. Entón a partir deste día queremos dar a coñecer a figura do "hidroxeólogo", como especialista que xestiona estas augas", explica González

Augas fundametais para o ser humano que gardan a pegada do solo polo que transcorrcoren. Nesta fonte, na cabeceira do Río Mao, analizan a súa composición e temperatura. Farano ao longo de todo o percorrido para ver como muda.

"En Galicia hai auga por todos os lados, os mil ríos. E cando che contan o que hai detrás mellor", di un asistente

"Unha parte indisoluble da beleza deste sitio son os manaciais e o Sil", di outro asistente

Parte fundamental dunha paisaxe que opta a Patrimonio da Huminaidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade