Publicador de contidos

Publicador de contidos

A PAU 2026 en Galicia celebrarase os días 2, 3 e 4 de xuño

A PAU 2026 en Galicia celebrarase os días 2, 3 e 4 de xuño

As primeiras probas serán as de Lingua Castelá e Literatura II

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 14/01/2026 17:36

A convocatoria ordinaria da Proba de Avaliación de Bacharelato para ou Acceso á Universidade (PAU) 2026 en Galicia celebrarase os días martes 2, mércores 3 e xoves 4 de xuño, segundo a información publicada pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

Na primeira xornada, que comezará ás 9:00 horas coa presentación do alumnado, celebrarase a primeira das probas, a de Lingua Castelá e Literatura II, que se prolongará desde as 10:00 horas ata as 11:30 horas.

Tras o descanso, de 12:00 a 13:30 horas terán lugar as probas de Historia de España ou Historia da Filosofía.

Ese mesmo día, na tarde, a partir das 16:00 horas, comezarán os exames de materias como Xeoloxía e Ciencias Ambientais, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica e Movementos Culturais e Artísticos, ata as 17:30 horas.

Despois doutro descanso, ás 18:00 horas celebraranse as probas de Debuxo Técnico II, as segundas linguas estranxeiras (Inglés, Francés, Alemán, Italiano e Portugués) e Historia da Música e da Danza, ata as 19:30 horas.

O día seguinte, o mércores 3 de xuño, comezará cos exames de Primeira Lingua Estranxeira, que se celebrará de 9:30 a 11:00 horas.

Tras o descanso, de 11:30 a 13:00 horas, realizaranse as probas de Bioloxía, Tecnoloxía e Enxeñería II, Historia da arte e Debuxo Técnico Aplicado ás Artes Plásticas e ao Deseño II.

Durante a tarde, de 16:00 a 17:30 horas, será a quenda de Física, Empresa e Deseño de Modelos de Negocio, Grego, Fundamentos Artísticos e Coro e Técnica Vogal II; mentres que de 18:00 a 19:30 horas os alumnos enfrontaranse ás probas de Química, Xeografía, Deseño e Literatura Dramática.

A PAU finalizará o xoves 4 de xuño en horario matinal, coa proba de 9:30 a 11:00 horas de Lingua Galega e Literatura I; e tras o descanso, as de Matemáticas II, Latín II, Artes Escénicas, Debuxo Artístico II, Análise Musical II e Ciencias Xerais, de 11:30 a 13:00 horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade