As probas da PAU contarán con detectores de frecuencia para evitar que se copie
Nanoauriculares e lentes intelixentes son os dispositivos que máis se usan para copiar nos exames oficiais
Ademais de Galicia aplicarán esta medida Aragón, Murcia e Cataluña, e tamén a estudan outras oito comunidades
A tecnoloxía alíase cos copións. Os nanoauriculares, do tamaño dun gran de arroz e un dos dispositivos máis usados en exames oficiais para copiar. A simple vista non se ve, e tampouco é doado extraelo da orella, hai que usar un imán.
"Da igual que te achegues e mires a orella, non o ves", asegura o profesor de Física, Francisco Fraga.
A simple vista non, pero non escapan aos detectores de frecuencia que na próxima PAU xa se usarán para atrapar os tramposos.
"Cando te aproximas detecta calquera tipo de sinal acústica e alértanos de que o dispositivo está funcionando", explica o profesor.
A medida aplicarase en Galicia, Murcia, Cataluña e Aragón, e xa a estudan outras oito comunidades.