Cargando resultados...
Devolven un bolso que atoparon en Redondela con máis de 2.000 euros
As traballadoras dun supermercado só puideron pensar na persoa que o perdera e en como devolverllo
A honradez permitiu que a Policía Local lle puidese entregar o bolso perdido con todos os cartos á súa propietaria
G24.gal
12/05/2026 14:50
Lola Fernández ía tirar o lixo despois de toda unha xornada de traballo nun supermercado de Redondela cando á porta do establecemento atopou un pequeno bolso. Sen pensalo, deullo á encargada para que o gardase.
A sorpresa chegou cando o abriron. Fixérono diante de varias testemuñas e dentro había máis de 2.000 euros, que lle entregaron á policía. As traballadoras celebran que o bolso e os cartos xa estean nas mans da súa propietaria.