Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Universidade de Santiago lidera a Rede Española de Filosofía da Intelixencia Artificial

A Universidade de Santiago lidera a Rede Española de Filosofía da Intelixencia Artificial

Ante o cambio máis acelerado e máis global da historia da humanidade, este foro busca repensar un futuro que favoreza as persoas e non estea supeditado aos intereses das grandes corporacións

G24.gal 12/05/2026 15:04

Desde a praza de Mazarelos os filósofos do futuro din que nunca na historia se revisaron tanto coma hoxe os primeiros pensadores da Grecia clásica. Aquí na Facultade de Filosofía de Santiago está a sede da Rede Española de Filosofía para a IA, que preside o propio decano. Os alumnos falan da necesidade de non delegar o pensamento na IA como xa delegamos a capacidade de cálculo nas calculadoras.

"Non só hai que falar de ética, hai que apelar á política da intelixencia artificial, de ver que debemos facer con ela para cambiar a sociedade", dixo Xavier de Donato, presidente da Rede Española de Filosodía para a IA.

Ante unha tecnoloxía que avanza e case parece replicarnos, os filósofos apelan ao papel da conciencia humana e falan de ética, de información e de acción, para decidir o futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade