Necrolóxicas que tiran de ironía e retranca e algún que outro reproche
O último adeus non ten por que ser triste
"Non vos preocupedes pola herdanza. Gasteina toda en vida. Un saúdo dende Montealto, con amor, nenos"
Foi o último adeus de José Ramón, hai apenas uns días.
"Non vos preocupedes pola herdanza. Gasteina toda en vida. Un saúdo dende Montealto, con amor, nenos".
Este coruñés quixo despedirse cun toque de humor, algo que empeza a normalizarse na sección de necrolóxicas.
"Entrégoche a miña dona, recíbea coa mesma ledicia coa que eu cha entrego", chancea un señor.
Ver despedidas coma esta nas páxinas dos xornais non son do máis habitual, pero están atopando o seu oco. Frases cargadas de ironía, sarcasmo e mesmo reproches para provocar sorrisos en medio da pena. Outras están cheas de tenrura.
O importante é romper cos textos tradicionais cargados de tanta solemnidade.
"Nunca, nunca, xamais as miro no xornal, porque me parece algo tan triste, tan horrible: 'Finou aos tantos anos'", apunta unha señora.
Por iso toca tirar de humor á hora de escribir a necrolóxica para anunciar a morte dun ser querido.
"Ata loguiño, Lucas, sinto moito que marches, que non teño quen me faga o xantar".
Tamén hai necrolóxicas escritas en primeira persoa, autodespedidas normalmente simpáticas por aquilo de sacarlle ferro ao asunto.
"Cheguei ata aquí, e de aquí non paso". "Espero vervos axiña". "Sinto marchar tan rápido e non ter máis tempo para dar polo saco". "Gozade da vida, xa non estou". "Agora ides respirar tranquilos".