Publicador de contidos

Publicador de contidos

Italia analizará mostras dun mozo con síntomas de hantavirus que estaba en corentena

Italia analizará mostras dun mozo con síntomas de hantavirus que estaba en corentena

O posible caso coincidiu no avión de Xohanesburgo coa muller que faleceu despois pola enfermidade

Hai outros tres italianos baixo vixilancia que ían no mesmo voo

Reuters Reuters
G24.gal 12/05/2026 15:45

As autoridades italianas analizarán mostras biolóxicas dun mozo da rexión de Calabria, no sur, que estaba en corentena por hantavirus tras coincidir no avión en Xohanesburgo cunha muller que faleceu despois pola enfermidade.

O Instituto Nacional Lazzaro Spallanzani de Roma, referente no tratamento de enfermidades infecciosas no país, recibirá este martes mostras biolóxicas desta persoa, segundo confirmaron a EFE fontes da institución.

O afectado é un dos catro italianos baixo vixilancia por estar no avión da aeroliña KLM ao que subiu unha neerlandesa en Xohanesburgo que morrería despois por hantavirus, tras viaxar no cruceiro MV Hondius.

O envío das mostras biolóxicas do mozo italiano desde a sureña rexión de Calabria a Roma faise ao presentar algúns síntomas, que por agora non transcenderon. En total, as autoridades sanitarias italianas puxeron baixo vixilancia activa a catro persoas que coincidiron "durante poucos minutos" coa devandita muller no avión.

O Ministerio de Sanidade de Italia presentou un protocolo de "máxima precaución" tras o gromo de hantavirus vinculado o cruceiro MV Hondius, con corentenas de 42 días e seguimento diario para contactos de risco, aínda que insiste en que o perigo para a poboación xeral é "moi baixo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade