Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os profesionais da enfermería reinvidican máis participación na xestión sanitaria

Os profesionais da enfermería reinvidican máis participación na xestión sanitaria

Coma cada 12 de maio, celébrase o Día Internacional da Enfermería

Conmemora a data de nacemento de Florence Nightingale, considerada a nai da enfermería moderna

G24.gal 12/05/2026 15:00

Á hora de pasar por calquera centro sanitario, o papel da enfermería determina a valoración do paciente que adoita manter un vínculo moi especial cos profesionais desa especialidade. Pero no Día Internacional da Enfermería, enfermeiras e enfermeiros din que este recoñecemento social non se corresponde coas eivas que aínda topan dentro do ámbito sanitario, segundo a presidenta do Colexio de Enfermería de Lugo, Eva Gómez.  

"Recoñecer a súa capacidade cientifica, asistencial, docente, investigadora e tamén xestora. Estamos atopando eses teitos de cristal, eses topes que nos poñen". 

Os usuarios xa recoñecen o seu papel central no sistema sanitario, pero ven tamén a súa precariedade e a sobrecarga laboral. Desde os colexios de Enfermería defenden que estas e outras cuestións se poderían mellorar contando máis coa súa profesión á hora de xestionar.

"Cando unha enfermeira coordina, decide, innova, lidera, non só gaña a profesión de enfermeira, senón todo o sistema sanitario". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade