Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preto de 8.000 aspirantes preséntanse ás probas do corpo de enfermería do Sergas

Preto de 8.000 aspirantes preséntanse ás probas do corpo de enfermería do Sergas

Na convocatoria estaban admitidos 8.661 aspirantes dos que finalmente se presentaron 7.859, unha participación do 90.7%

O Sergas ofertou 1.980 prazas para o corpo de enfermería nesta convocatoria, unha por cada catro opositores

G24.gal 09/05/2026 19:48

Os preto de 8.000 opositores concentrábanse fronte aos dous pavillóns do recinto feiral de Silleda en que se celebrou a proba. Antes da apertura de portas todo eran nervios e ganas de comezar co exame.

"Sempre estás nervioso, sobre todo canto tés algo de oportunidade de coller praza."

"A ver se hai sorte e... nada, con ilusión, hai que afrontala así."

"Si, teño ganas de comezar e que xa sexan as nove da noite, teñamos todo acabado e poder ir para a casa outra vez."

"É o meu primeiro ano que acabei a carreira en xuño, entón veño sen presión ningunha."

"Cremos que estamos preparadas, así que moi nerviosas non estamos."

Pouco máis dunha hora despois de que se abrisen as portas comezaba o exame para os que aspiran a unha praza de enfermería no sistema público de saúde,

"No Servizo Galego de Saúde queremos os mellores profesionais e probablemente os mellores profesionais están facendo o exame neste momento, así que moita sorte a todos.", di o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

  E como todas as convocatorias desta magnitude, tamén se rexistran algunhas singularidades.

"Como que 35 mulleres solicitaron a lactancia durante a proba e temos a catro mulleres no hospital facendo a proba. Mulleres que están a piques de dar a luz ou que acaban de dar a luz.", explica Gómez Caamaño.

Na convocatoria estaban admitidos 8.660 aspirantes dos que finalmente se presentaron 7.860, un 90.7% de paticipación. Optan ás 1.980 prazas convocadas, unha por cada catro opositores

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade