Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reorganiza a atención sanitaria dos centros de saúde en Ourense polos incendios

A Xunta reorganiza a atención sanitaria dos centros de saúde en Ourense polos incendios

Os centros afectados quedarán abertos con servizo de enfermería dispoñible

A decisión débese a incidencias nas telecomunicacións dalgúns centros de saúde

Imaxe de arquivo do Hospital de Verín (Satse/Europa Press)
G24.gal 18/08/2025 12:18 Última actualización 18/08/2025 21:25

A Xunta comunicou a reorganización da atención sanitaria para este luns nos centros de saúde da provincia de Ourense afectados polos incendios. Isto débese á incidencia nas telecomunicacións en varios centros de saúde, concretamente en Carballeda de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, Rubiá e O Bolo.

A atención médica destes catro centros quedará centralizada no centro de saúde do Barco de Valdeorras, aínda que os catro centros afectados permanecerán abertos e con servizo de enfermería dispoñible.

 

No caso dos centros de saúde de Petín e de Larouco, a atención médica queda centralizada no centro da Rúa, aínda que nestes dous pasa o mesmo caso ca nos catro anteriores, ao igual que nos centros de Vilariño de Conso e da Veiga.

Por outro lado, a asistencia médica dos centros de saúde de San Xoán de Río e de Manzaneda centralizaranse no centro da Pobra de Trives

Por último, en Verín a atención médica centralízase nos centros de saúde de Oímbra, Laza Cualedro e do consultorio de Vilaza. No caso do centro de Chandrexa de Queixa a atención pasará a realizarse no centro de saúde de Montederramo.

Tamén retoma a atención médica o centro de saúde da Veiga e no consultorio de Albarellos no seu horario e funcionamento habitual.

A propia Xunta informa de que, a pesar da centralización da atención médica destes centros, os mesmos quedarán abertos con servizo de enfermería dispoñible, o que permitirá resolver a maioría das atencións de carácter leve.

Ademais, para garantir o correcto funcionamento das comunicacións nos principais centros sanitarios de Ourense, instaláronse antenas para conexión vía satélite (STARLINK).

Estas antenas foron instaladas en Verín, O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, A Rúa, A Mezquita e Vilardevós.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade