Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan as oposicións para cubrir 2.476 prazas no Servizo Galego de Saúde

Comezan as oposicións para cubrir 2.476 prazas no Servizo Galego de Saúde

A Xunta busca consolidar emprego con dúas fins de semana de probas de acceso no recinto feiral de Silleda

Nos exames da mañá deste sábado participarn 474 persoas, case o 85% das convocadas

G24.gal 25/04/2026 12:41 Última actualización 25/04/2026 15:02

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, salienta o esforzo da Xunta por consolidar o emprego na sanidade pública coa celebración das oposicións a 2.476 prazas no Servizo Galego de Saúde (Sergas) durante dúas fins de semana.

Este sábado supervisou no recinto feiral de Silleda o desenvolvemento dos exames nas especialidades de enfermería obstétrica-xinecolóxica (69 prazas) e enfermería pedriátrica (60 prazas).

Segundo Gómez Caamaño, un total de 293 persoas, das 348 inscritas, presentáronse ás probas de acceso a matrona, é dicir, un 84,2%. Ás de pediatría, acodiron 181 das 210 admitidas (86,19%).

Durante a fin de semana, celebraranse ademais os exercicios doutras especialidades da categoría e do Persoal de Servizos Xerais (PSX).

Sen incidencias

Na súa visita, Gómez Caamaño agradeceu o labor das 400 persoas implicadas na protección e vixilancia das probas que, segundo dixo, se están a desenvolver con normalidade.

Tamén dixo que nos procesos de selección desta fin de semana, un total de 25 mulleres solicitaron o dereito á lactación materna para poder interromper a proba, se fose necesario.

Ademais, unha candidata realizará o seu exame desde o hospital onde se atopa ingresada por embarazo.

"O compromiso coa estabilidade dos profesionais sanitarios públicos esixe un grande esforzo económico, de xestión e loxístico", subliñou Gómez Caamaño.

O proceso de selección para acceder ás prazas anunciadas polo Servizo Galego de Saúde continúa pola tarde cunha quenda á que están convocadas un total de 870 persoas.

A partir das 16:00 horas realizaranse os exames de acceso a unha das 128 prazas anunciadas na categoría de enfermería familiar e comunitaria (838 admitidos) e ás 3 ofrecidas na categoría de enfermería ocupacional (32 admitidos).

Na quenda de tarde do domingo, realizaranse os exames de acceso ás 236 prazas ofrecidas na categoría de Persoal de Servizos Xerais (PSX). Hai 7.056 persoas inscritas.

Ademais, o 9 de maio, o recinto feiral de Silleda acollerá as probas de acceso á categoría de enfermería profesional no sistema sanitario público galego; un proceso con 8.661 aspirantes a 1.980 prazas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar