Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OMS pospón ao 10 de maio o inicio da corentena dos pasaxeiros do cruceiro

A OMS pospón ao 10 de maio o inicio da corentena dos pasaxeiros do cruceiro

Pedro Sánchez asegura que a operación para a repatriación dos pasaxeiros do cruceiro afectado por hantavirus "foi un éxito" e rematou con "cero incidentes", e afirma que o Executivo "non baixará a garda"

A OMS fala de once positivos por hantavirus, nove deles xa confirmados

EFE/Chema Moya EFE/Chema Moya
G24.gal 12/05/2026 08:55 Última actualización 12/05/2026 11:40

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, afirmou este martes que a operación para a repatriación dos pasaxeiros do cruceiro afectado por hantavirus "foi un éxito" e rematou con "cero incidentes", e afirmou que o Executivo "non baixará a garda".

Nunha comparecencia tras reunirse co director xeneral da OMS, Tedros Adhanom, Sánchez, afirmou que seguirá moi de cerca a evolución dos pacientes ingresados no Hospital Gómez Ulla de Madrid e a situación a nivel global".

O presidente do Goberno referiuse tamén a quen "se poña de perfil" ante a chamada de auxilio e a eles díxolles que "este mundo non necesita máis egoísmo nin máis medo, necesita países solidarios". "Moitos preguntábanse por que España tiña que acoller o cruceiro con hantavirus. A pregunta correcta era outra: por que non imos protexer compatriotas e a quen o necesita?" subliñou.

A OMS fixa no 10 de maio o inicio da corentena por hantavirus, que finalizará o 21 de xuño

O director da Organización Mundial da Saúde (OMS), o doutor Tedros Adhanom Ghebreyesus, fixou no 10 de maio o inicio do período para contabilizar como corentena por hantavirus, polo que se estenderá ata o 21 de xuño.

"A recomendación que facemos é que ten que haber unha supervisión estrita no fogar ou ben nunha instalación para corentena durante 42 días desde o 10 de maio, co cal estariamos a falar do 21 de xuño" como data de finalización da mesma, manifestou nunha comparecencia conxunta co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para facer balance do operativo de desembarque dos pasaxeiros do barco MV Hondius.

"Calquera persoa que presente síntomas terá que ser illada e tratada inmediatamente", continuou Adhanom Ghebreyesus, quen felicitou e agradecido a España polo seu "liderado" na xestión desta crise sanitaria. "Creo que, vivindo na situación que vivimos, o mundo necesita este tipo de amabilidade e compaixón que demostrou o Goberno de España", sostivo.

Deste xeito, referiuse á corentena que terán que levar a cabo os pasaxeiros desta embarcación e que, en España, está establecida, de momento, desde o pasado día 6. "Todos os casos sospeitosos e confirmados foron illados e estanse xestionando baixo unha supervisión médica estrita, minimizando así o risco de calquera transmisión ulterior", explicou.

Un total de 11 casos, 9 deles con positivo confirmado

Neste contexto, lembrou que "a avaliación da OMS segue sendo que o risco para a saúde global é baixo". "Tivemos 11 casos, tres falecementos", afirmou, para engadir que "nove destes 11 xa deron resultados positivos para hantivirus e, seguramente, os outros dous tamén", aínda que "son cifras que non cambiaron moito" nas últimas semanas.

"Grazas ao esforzo de moitos Gobernos, de moitos socios, non se produciron falecementos desde o 2 de maio", felicitouse, á vez que subliñou que "non hai nada que apune a un brote maior". Afirmou que "a situación pode cambiar" tendo en conta que se está "ante un virus cun período de incubación moi elevado", polo que "é posible" que se poidan detectar "máis casos nas próximas semanas". Por iso, manifestou que "os países aos que se repatriaron os pasaxeiros son responsables agora de supervisar e controlar a saúde" dos mesmos.

"A OMS coñeceu que houbo algúns pacientes que teñen síntomas consistentes co hantivirus e estamos a seguir moi de cercado estes informes que nos dan os países", explicou.

Os países con pasaxeiros repatriados deben informar do seu estado

Ante esta situación, Adhanom Ghebreyesus destacou que se pediu a todas as nacións con pasaxeiros repatriados "que informen de xeito sistemático á OMS sobre o estado de saúde" destes "en virtude do Dereito Sanitario Internacional". Ademais, remarcou o seu agradecemento ao Gobierno español e a Sánchez, así como á ministra de Sanidade, Mónica García,- á que cualificou de "irmá"- e ao resto de ministros participantes nesta xestión, por "liderar esta operación".

O xefe do Executivo "respondeu inmediatamente", polo que cumpriu "coas obrigacións legais", asegurou. Non entanto, pasou ao plano "moral", xa que puxo de manifesto que España mostrou "solidariedade para cos pasaxeiros do barco, sobre todo nestes momentos tan difíciles que estaban a atravesar".

"Estamos moi orgullosos de ver cal foi a resposta" do país, afirmou, para remachar que a operación "foi exitosa". "Estabamos convencidos de que era posible desembarcar aos pasaxeiros de xeito seguro para eles e tamén para a poboación de Tenerife, de xeito que puidésemos respectar os Dereitos Humanos dos pasaxeiros e dos tripulantes do barco", subliñou, concluíndo que sería "cruel" obrigar a realizar a corentena na embarcación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade