Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pillan un alumno copiando cun 'kit' espía no exame teórico de conducir

Pillan un alumno copiando cun 'kit' espía no exame teórico de conducir

Gravaba a pantalla das preguntas cunha cámara instalada na mochila

O avance das novas tecnoloxías dificulta o control dos examinadores

 

G24.gal 27/04/2026 14:31

Un pequeno orificio na mochila gravaba a pantalla do exame, mentres alguén daba as respostas desde o exterior cun auricular. 

"As tecnoloxías van por diante; ata que as pillas, igual xa che pasaron uns cantos", comenta Cristina Sinde, profesora da Autoescola SDS.

É a última trampa detectada no exame teórico de conducir, onde outros xa foron cachados con micrófonos e lentes intelixentes.

"Se os pillan, son 500 euros e seis meses sen poder volver presentarse", engade a profesora.

Pode saír caro, pero no exame de conducir, na ABAU ou nas probas do MIR. Ultimamente foron varios os alumnos pillados con este tipo de dispositivos.

"É moi difícil de controlar, non vas prohibir os lentes na aula". "Ata lles podes apagar a luz que levan na patilla, é imposible saber". "Eu coñezo xente que usou dispositivos e sacou un dez".

Malia que a inmensa maioría é honesta e prefire non correr riscos. O profesorado vese abocado a reforzar os controis, mesmo con inhibidores de frecuencias a proba de copións.

"Na ABAU había uns inhibidores de frecuencias que pitaban se había sinal de móbil acendido na aula". "Tamén che piden que quites o reloxo se é intelixente". "Tes que recoller o pelo de diante das orellas, para que se vexa que tes o oído despexado".

Das clásicas 'chuletas' analóxicas aos novos enxeños dixitais. Cambia a tecnoloxía, pero non o engano dos que queren aprobar sen esforzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade