Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oposicións para o corpo da Policía Local

Oposicións para o corpo da Policía Local

Máis dun milleiro de aspirantes presentáronse ao exame para as prazas de policía municipal que ofertan 36 concellos galegos.

G24.gal 27/09/2025 15:07 Última actualización 27/09/2025 16:37

Máis de mil aspirantes ao corpo da Policía Local enfrontáronse ás probas teóricas no recinto feiral de Slleda. Tiveron que responder un cento de preguntas sobre o temario específico e as correspondentes á proba de galego, só para quen non certificase o coñecemento do idioma previamente. Os que superen esta fase terán que concorrer ás probas físicas para acceder a unha das cen prazas que ofertan 36 concellos galegos. Pouco antes de entrar agardaban a chamada para entrar para facer o exame.

Estou nerviosísimo, a ver se vai para este ano, pero pouco a pouco.

Os nervios son bastante fortes, pero levamos todo como podemos e esperemos sacar unha boa nota

É o que sempre quixen facer, opositar a policía local. Decidinme pola local para quedar aquí en Galicia

Decidín presentarme porque é unha vocación desde pequeno, un oficio que sempre me gustou moito

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade