Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os universitarios enchen bibliotecas e salas de estudo na fin de semana

Os universitarios enchen bibliotecas e salas de estudo na fin de semana

As tres universidades amplían os servizos nestas datas para facilitar a preparación dos exames do primeiro semestre

G24.gal 11/01/2026 10:30 Última actualización 11/01/2026 10:43

Asomámonos a unha das bibliotecas máis demandas polos universitarios de Santiago, a Concepción Arenal. A Conchi abre practicamente todos os días do ano pero nestas datas reforza o servizo e enche as súas tres salas.

"Coas tres salas en conxunto temos 952 prazas e nestes momentos están cubertas", explica o bibliotecario Antón Ruibal.

Esta fin de semana e a que vén son as que reúnen máis estudantes, ante os exames do primeiro semestre.

"Hai que vir pronto pola mañá para coller sitio", di unha rapaza.

Estamos nos días álxidos pero moitos usuarios aseguran que veñen seguido desde antes e ás veces sen perdoar nin os festivos.

"Cando empecei os parciais, a partir de outubro", conta unha estudante.

 

"Os sábados estudamos, os domingos estudamos, estudamos todos os días", mantén un rapaz.

 

"O día de Reis paseino aquí", pon como exemplo unha rapaza.

 
Afirman que se estuda mellor na biblioteca que na casa.
 

"Na casa estou máis co móbil", explica un mozo.

 

"Na casa non me concentro", afirma unha moza.

 

"Na casa vai frío, aquí estase ben", engade outra universitaria.

 

"Como estou con xente que estuda comigo, teño presión", conta outra.

 

"Todo o mundo está estudando, entón ti te obrigas a estudar", puntualiza unha máis.

Fálannos, sobre todo, de concentración pero recoñecen que tamén os move ter con quen socializar nos descansos.
 

"O momento de saír e de estar cos teus amigos para relaxarte un pouco", confesa unha estudante.

 
As universidades da Coruña e Vigo tamén ampliaron os servizos de bibliotecas e salas de estudo nestas datas.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade