Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os exames do Celga 4 xa se poden facer en liña desde calquera lugar do mundo

Os exames do Celga 4 xa se poden facer en liña desde calquera lugar do mundo

Galicia é así a primeira comunidade con lingua propia que dixitaliza este proceso

G24.gal 12/12/2025 14:22

O maior desafío deste Celga en liña foi igualar as garantías da modalidade presencial, impedir fraudes e acreditar a identidade dos examinados.
 

"É un exame en que se pide comprender textos e vídeos e crear artigos ou explicar opinións. Non é tipo test, non hai nada que copiar. Para garantir a identidade o que se fai é medir datos biométricos, na cara, e ver que coincida coa foto do seu DNI. E ademais o sistema vai tomando imaxes do examinado e para detectar a presenza de estraños", explica Manuel Singala, lingüista na USC e técnico do Celga.

Despois, conectarse desde calquera lugar do mundo comeza a proba, que tamén inclúe exame oral, con probas que requiren a gravación da fala.

A modalidade en liña permitirá facer exames con máis frecuencia. En cinco anos Galicia recibiu 115.000 persoas chegadas de fóra, e do que se trata é de potenciar a presenza social do galego.

 "Para que as persoas que están pensando en vir a Galicia e asentarse aquí poidan vir xa cunha formación en lingua galega desde os seus países e lugares de orixe. E isto é bo, que a xente que vén de fóra teña interese por formarse na nosa lingua e coñecer a nosa cultura", declarou Valentín García, o secretario xeral da Lingua.

Paola, neta de galegos, participou no exame-piloto e contounos que "unha das vantaxes que ten é que non tes que desprazarte, e como fas a proba cunha máquina tendes a pronunciar mellor". Quere optar a unha praza na Xunta e por iso está moi interesada en contar con esta acreditación oficial. O Celga, nos seus distintos niveis, é unha titulación requirida para acceder a prazas de diferentes administracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade