Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan as probas físicas do maior proceso de selección de bombeiros forestais dos últimos anos

Comezan as probas físicas do maior proceso de selección de bombeiros forestais dos últimos anos

Están convocados, ata o día 27 de febreiro, máis de 1.700 aspirantes

G24.gal 24/02/2026 13:56

Comezaron en Santiago as probas físicas que teñen que pasar os bombeiros forestais de todas as categorías para formar parte do Servizo de Defensa contra o Lume da Xunta de Galicia. Este ano hai a maior oferta de prazas dos últimos anos: máis de 350.

"Nos últimos anos nunca houbo tal número de vacantes. É un proceso de contratación de persoal temporal . Imos facer chamamentos a partir das listaxes, a partir de mediados do mes que vén", explicou Ángel Romero, o Xefe de Serizo de Persoal da Consellería do Medio Rural.

A selección de bombeiros forestais de todas as categorías ten tamén este ano un sabor un excepcional porque o proceso chega cando aínda non pasou a impresión pola vaga de incendios do pasado verán.

Os aspirantes, monitorizados e cargados con once quilos, teñen que percorrer 3.200 metros en menos de 30 minutos. Algúns asisten para sumar puntos e defender o seu lugar na listaxe de contratación, e outros, para entrar por primeira vez no Servizo de Defensa contra o Lume, que ten en Galicia uns 3.000 traballadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade