Publicador de contidos

Publicador de contidos

A PAU extraordinaria alcanza en Galicia unha porcentaxe de aprobados do 70,9%

A PAU extraordinaria alcanza en Galicia unha porcentaxe de aprobados do 70,9%

 A porcentaxe é practicamente a mesmo ca o do ano pasado

O cambio de modelo de exame por un máis competencial apenas tivo incidencia sobre o resultado global

Exame da PAU (Carlos Luján - Europa Press - Arquivo) Exame da PAU (Carlos Luján - Europa Press - Arquivo)
G24.gal 10/07/2025 16:50

O 70,9% dos alumnos que a semana pasada participaron na parte obrigatoria da convocatoria extraordinaria da Proba de Acceso á Universidade (PAU) en Galicia conseguiu aprobar.

A porcentaxe é practicamente a mesma que o ano pasado, cando foi do 70,83%, apenas unhas centésimas inferior. Por tanto, igual que ocorreu coa convocatoria ordinaria, o cambio de modelo de exame por un máis competencial apenas tivo incidencia sobre o resultado global.

En concreto, segundo os datos ofrecidos este xoves pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), superaron as probas 1.384 estudantes dos 1.952 que participaron na fase xeral, é dicir, a obrigatoria. O nivel de participación foi do 94,6%.

Á convocatoria extraordinaria da selectividade, celebrada a semana pasada, concorreron aqueles alumnos que ou non aprobaron a ordinaria --celebrada a comezos de xuño-- ou terminaron bacharelato tras as recuperacións.

Os aspirantes que resultasen aprobados poden desde a tarde deste xoves consultar na aplicación Nerta as súas cualificacións e abrirase un prazo duns días para reclamar, se así o consideran. As notas elevaranse a definitivas o vindeiro xoves, 17 de xullo.

A partir desa mesma data, estes estudantes poderán comezar a súa preinscrición para obter praza nunha das universidades públicas galegas. Os aprobados na convocatoria extraordinaria da PAU accederán máis tarde ao sistema de asignación de prazas nas carreiras. Para eles, o primeiro chamamento será o día 24 de xullo, que xa será o cuarto para os da ordinaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade