Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ingresa en prisión unha muller tras agredir unha menor en pleno centro de Pontevedra

Ingresa en prisión unha muller tras agredir unha menor en pleno centro de Pontevedra

A muller, de 44 anos, suma máis dunha decena de arrestos por episodios violentos rexistrados na cidade

 

G24.gal 22/10/2025 12:55

A Policía Nacional detivo este luns unha muller de 44 anos tras agredir violentamente unha menor de quince anos na rúa Benito Corbal.

O suceso tivo lugar sobre as 18:00 da tarde. Testemuñas relatan que a agarrou polo pescozo e o pelo, tirouna ao chan e arrastrouna pola vía durante polo menos dez metros.

Un axente da Policía Nacional que se atopaba fóra de servizo interveu de inmediato para reducila. Pouco despois foi detida.

A muller, que suma máis dunha decena de arrestos por episodios violentos, ingresou en prisión provisional na Lama por orde do xulgado de Pontevedra.

A pesar do seu amplo historial delituoso, ata o de agora quedara en liberdade tras cada detención, pero a gravidade dos feitos recentes motivaron o seu ingreso inmediato na cadea.

Ante a crecente preocupación cidadá por estes feitos, un grupo de veciños lanzou unha campaña en redes sociais para promover unha denuncia colectiva contra ela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade