Publicador de contidos

Publicador de contidos

Malleira brutal en Pontevedra dunha arrombacoches conflitiva

Malleira brutal en Pontevedra dunha arrombacoches conflitiva

A agresora tirou o home na rúa e rabuñouno na cara ata que a separaron entre varias persoas

Días despois enfrontouse a unhas rapazas tamén en plena rúa e de día

G24.gal 21/10/2025 14:43

Nunhas imaxes difundidas por Salseo_Sanxenxo vese como a muller se enfronta a unhas rapazas en plena rúa. E así día si e día tamén. Ataques ao chou. Pero uns días antes foi peor. A vítima fora un home de idade avanzada que paseaba tranquilamente coa muller.

A malleira puido acabar mal, polo que contan as testemuñas que o axudaron.

"Por mágoa, colleu eses señores que ían andando. Tirouno ao chan, empezoulle a rabuñar a cara, estábao golpeando e intentámola separar e evitar que o seguira golpeando e rabuñando".

"Chamaron a ambulancia porque lle deu tal 'petote' que o señor estaba conmocionado sentado no chan, cun golpe na cabeza".

"Fun separala, protexer o señor, e leouse comigo tamén, pero como estaba moi excitada foise contra outros dous señores que pasaban en bicicleta. Tiroulles a bicicleta, botóullela enriba".

Sorte que foi en horario comercial, nunha praza céntrica moi concorrida.

"Eu agarreina por un brazo, outra por outro brazo, dous homes polas pernas, porque tiña moitísima forza".

"O comentario, á parte de que a muller estaba fóra de si, é pola forza que tiña, que quedou todo o mundo asustado".

Entre todos non daban feito bo dela. Ata que chegou a policía. Coñécense mutuamente de sobra.

"Cando está excitada é un perigo porque nin mira a quen ataca. Ponse moi agresiva porque xa tiven unha pelexa con ela un día que me tirou unha botella ás pernas".

"Anda por aquí, berrando, meténdose coa xente..., unha cousa bastante seria".

A vítima, que vive tamén no centro de Pontevedra, recupérase das rabuñaduras na cara e dos golpes, que empeoraron o seu estado de saúde, xa delicado. O peor é que en calquera momento baten outra vez de fronte porque ela, a muller do turbante violeta, volve estar na rúa... ata a seguinte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade