Publicador de contidos

Publicador de contidos

O "Niño Juan" aparece vivo e mallado tras o secuestro de onte en Madrid

O "Niño Juan" aparece vivo e mallado tras o secuestro de onte en Madrid

Ata o momento, a Policía Nacional non recibiu ningunha denuncia polo secuestro, que xa finalizaría, segundo fontes próximas á investigación

Tirotean un coche e secuestran o seu conductor en Madrid

A Policía Científica no lugar do secuestro, este sábado de madrugada, en Carabanchel A Policía Científica no lugar do secuestro, este sábado de madrugada, en Carabanchel
G24.gal 02/11/2025 12:56 Última actualización 02/11/2025 13:16

O alunicero Juan María Gordillo Praza, coñecido como o "Niño Juan" , apareceu, vivo e con signos de sufrir unha malleira, tras ser secuestrado o pasado venres no distrito de Carabanchel, en Madrid, segundo informaron fontes próximas á investigación.

Ata o momento, a Policía Nacional non recibiu ningunha denuncia polo secuestro, que xa finalizaría, segundo as mesmas fontes.

Os axentes atoparon un dos tres vehículos implicados no secuestro na autoestrada AP-41, que une Madrid con Toledo, e no seu interior acharon un extintor baleirado co obxectivo de eliminar pegadas e probas do sucedido.

A Policía científica traballando no lugar do secuestro A Policía científica traballando no lugar do secuestro

Segundo as mesmas fontes próximas á investigación, o "Niño Juan" xa estaría libre, despois de que, na noite do venres, tres coches embistiran e tiroteasen o seu coche para secuestralo e logo darse á fuga.

A investigación policial apuntou a que este alunicero, cun amplo historial delituoso, era o condutor secuestrado ás 20:45 horas do día de Halloween, preto dunha concorrida rúa de Carabanchel, Antonio López, paralela a Madrid Río, unha popular zona da capital.

A hipótese coa que traballan os axentes é que a orixe deste secuestro sexa algún axuste de contas con este delincuente, aínda que non se descartaban outros motivos.

A Policía Científica investigando no lugar do secuestro este venres pasado pola noite A Policía Científica investigando no lugar do secuestro este venres pasado pola noite
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade