Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a malleira que recibiu un septuaxenario en Lugo por parte dun grupo de mozos

Investigan a malleira que recibiu un septuaxenario en Lugo por parte dun grupo de mozos

O home asegura que o golpearon para roubalo

Os mozos expuxeron outra versión ante varias testemuñas  

A investigación policial esclarecerá os feitos e as motivacións

Parque Rosalía de Castro de Lugo onde se produciu a malleira Parque Rosalía de Castro de Lugo onde se produciu a malleira
G24.gal 01/07/2025 13:01

A Policía Nacional de Lugo ten aberta unha investigación para esclarecer as circunstancias que rodean a malleira que recibiu un home de 72 anos no parque Rosalía de Castro.

O home chegou ferido á cafetería que hai no propio recinto, onde pediu axuda. Explicou que acompañaba dúas mozas que coñecera na estación de autobuses de Lugo e que ao chegar ao parque, outra parella de mozos comezou a golpealo para roubalo. 

Esta versión foi negada polos mozos, que, segundo dixeron, interviñeron para frear unha suposta agresión por parte do home. Así llo contaron á clientela e ao persoal do establecemento antes de abandonar o lugar, sen agardar á chegada da Policía Nacional.

O home presentou denuncia na comisaría. A investigación permitirá esclarecer os feitos, que tiveron lugar a primeira hora da tarde do luns. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade