Cargando resultados...
Unha avaría deixou sen luz unhas 3.000 persoas da parroquia de Coruxo, en Vigo
Naturgy di que foi debido á caída dun tramo de cableado aéreo
Imaxe da parroquia de Coruxo, en Vigo
G24.gal
22/10/2025 11:44
Última actualización 22/10/2025 14:32
Unhas 3.000 persoas víronse afectadas este mércores por unha avaría que as deixou sen luz na parroquia de Coruxo, en Vigo.
Segundo informou Naturgy, ás 9:30 horas teñen constancia dunha avaría na liña de media tensión que afectaba uns 3.000 clientes.
As zonas máis afectadas foron Fragoselo e Coruxo, en Vigo. Empresas e negocios da zona non puideron desenvolver a súa actividade durante boa parte da mañá.
Pasadas as 12:00 horas recuperábase parte do servizo e aínda quedan uns 790 clientes pendentes. X ás 13:00 horas quedou restablecido todo o servizo.
Segundo Naturgy, a causa deste apagamento foi pola caída dun tramo de cableado aéreo.