Detido máis de tres horas o AVE Santiago-Madrid por unha avaría na locomotora preto de Ourense
Os pasaxeiros foron remolcados ata a estación de Ourense, onde os espera outro tren para continuar a viaxe a Madrid
O tren detívose arredor das 8:30 entre O Irixo e a cidade de Ourense, segundo informou Renfe
O tren AVE que saíu de Santiago de Compostela con destino Madrid ás 7:58 horas, estivo detido máis de tres horas entre O Irixo e Ourense por unha avaría na locomotora. O tren saíra da Coruña ás 07:05 e tiña a chegada a Madrid prevista para as 11:05 horas.
Ás 8:30 horas, segundo información de Renfe, o tren AVE 04364 parouse iniciamente dentro dun túnel, segundo relataron algúns viaxeiros na rede social X. Minutos despois púxose en marcha, saíu do túnel e ao pouco volveuse deter.
Llevamos 2 h parados en un tren AVE destino Madrid justo antes de llegar a Ourense, se supone que venía un tren a remolcarnos en pocos minutos (llevamos 1h), que tiene que pasar para que te montes en un tren en 2026 y llegues a tu destino? Ya no digo ni en hora @Renfe @Inforenfe
— JIMENA MONTERO PÉREZ (@JIMENAMONT50386) February 7, 2026
El tren 0436 lleva parado 2h entrando en Ourense . En teoría viene otro tren a remolcarnos ( lo último que nos habéis dicho hace 1 hora ) por favor necesitamos saber cuándo nos vais a remolcar. @Inforenfe @Renfe
— Inish (@mirtabanes) February 7, 2026
Ás 11:25 InfoRenfe respondía, tamén a través da conta da rede social X a outra pasaxeira, que outro tren xa estaba acoplado e que axiña reiniciarían a viaxe.
Buenos días, Milena. Acabamos de confirmar que el tren que realizará la maniobra ya se encuentra acoplado al vuestro y en unos minutos reanudaréis el recorrido. Lamentamos las molestias ocasionadas y te pedimos disculpas en nombre de Renfe.
— InfoRenfe (@Inforenfe) February 7, 2026
Como contan algúns pasaxeiros nas súas contas de X, foron informados que unha locomotora acudiría remolcalos e que posteriormente continuarían a viaxe noutro tren que os esperaría na estación de Ourense.
Así foi. Pasadas tres horas remolcaron o ferrocarril ata Ourense e alí os pasaxeiros foron recolocados nun Avlo con destino á estación de Chamartín, en Madrid.
A información en tempo real que ofrece a aplicación de Renfe prevé que este tren chegue despois das tres da tarde á capital de España.
Esta detención produciuse durante o terceiro día consecutivo no que Renfe suspendeu a circulación de todos os trens con orixe ou destino Vigo, o que afecta as conexións con Santiago de Compostela e Ourense.