Publicador de contidos

Publicador de contidos

O estudante, unha das vítimas favoritas das estafas inmobiliarias

O estudante, unha das vítimas favoritas das estafas inmobiliarias

A desesperación á hora de atopar piso fai que moitos estudantes sexan vítimas deste tipo de calotes

Iván Durán, un estudante universitario de Vilagarcía, foi vítima dunha na que perdeu máis de 650 euros

G24.gal 11/09/2025 14:46

A desesperación por atopar piso lévanos moitas veces a cometer imprudencias á hora de alugar un. Dende fiarnos de imaxes, que parecen reais, pero son creadas con intelixencia artificial, ata crer na palabra dun descoñecido e aboar a fianza sen tan sequera ver o piso.

"Díxenlle que non podía ir a Madrid, gastar os cartos, loitar con outras 15 persoas da visita e marchar de Madrid sen ningún piso, así que lle preguntei se había algún modo de pagar unha reserva e quedar con el. Díxome que si, que aboase a fianza e que fose luns visitalo. De repente, cheguei a Madrid e non tiña onde durmir", conta Iván Durán, vítima dunha destas estafas inmobiliarias.

Moitas veces, caemos na trampa, ata realizando un pequeno labor de investigación: falando co suposto caseiro por chamada, comprobando o seu nome e o seu número de DNI ou incluso constatando que esa dirección existe.

"Primeiro observei certos detalles, como cara a que lado daban as ventás, entón, dende a aplicación de Google Earth, podía visitar virtualmente a rúa. Entón vin que si, que o piso estaba aí ben situado, que o portal era certo... Mesmo o DNI do, en teoría, propietario do piso tamén existía", comenta Iván Durán.

Para evitar este tipo de estafas, os profesionais inmobiliarios reiteran que a opción máis fiable é sempre ver o piso en persoa ou a través de alguén de confianza e comprobar que existe.

"Que polo menos un dos inquilinos faga unha viaxe e veña confirmar que existe a inmobiliaria, que existe o piso, que está todo ben... ou se ten algún familiar ou alguén de confianza que poida verificar todo", apunta Cristóbal López, axente inmobiliario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade