Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un empresario con máis de cen causas acepta once meses de cárcere por estafar 34.000 euros na venda de material anticovid

Un empresario con máis de cen causas acepta once meses de cárcere por estafar 34.000 euros na venda de material anticovid

O empresario aproveitou as circunstancias da pandemia da covid en 2020 e ofertou a través da páxina web da súa empresa diversos produtos moi demandados neses momentos, como desinfectantes, xel hidroalcóholico, luvas e máscaras

G24.gal 25/11/2025 11:55

O responsable dunha empresa de subministracións asentada en Vigo foi condenado este martes a 11 meses de prisión como autor dun delito continuado de estafa, pola venda de materia do protección anticovid, que ofertaba na súa páxina web e que cobraba sen entregar.

O procesado, que está en prisión cumprindo condenas por outras estafas (ten máis de cen causas abertas), recoñeceu os feitos nunha vista de conformidade celebrada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica, e a Fiscalía rebaixou a súa petición inicial, de 4 anos de prisión, ata os 11 meses.

Ademais da pena de prisión, foi condenado ao pago dunha multa de 360 euros e a devolver ás persoas e empresas estafadas un total de 34.100,74 euros. A condena tivo en conta a circunstancia atenuante de dilacións indebidas.

Segundo o escrito de acusación pública, este empresario, aproveitando as circunstancias da pandemia da covid en 2020, ofertou a través da páxina web da súa empresa diversos produtos moi demandados neses momentos, como desinfectantes, xel hidroalcóholico, luvas e máscaras.

Así, a propósito de que non dispoñía de existencias suficientes, aceptou 745 pedidos, dos que se pagaron 449, pero só entregou 76 deles. Ademais de luvas, máscaras e desinfectante, tamén aceptou un pedido dun equipamento de salón de peiteado polo que cobrou máis de 6.000 euros e que non entregou na súa totalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade