Publicador de contidos

Publicador de contidos

A famosa bóla de Nadal Vigo, creada ao cen por cento de forma artesanal, traspasa fronteiras

A famosa bóla de Nadal Vigo, creada ao cen por cento de forma artesanal, traspasa fronteiras

Este ano xa podemos vela noutras cidades ilustrando lugares emblemáticos como a praza das Praterías de Santiago e a Torre de Hércules

Tamén fóra de Galicia en Málaga e Madrid

G24.gal 12/12/2025 20:30

A bóla de Nadal Vigo cumpre tres anos e aínda con máis éxito. Todo empeza cunha ilustración feita á man con lapis e acuarela.

Edicións limitadas que voan cada temporada e que este ano xa cruzaron fronteiras ilustrando espazos emblemáticos de cidades como Málaga e Madrid. Cada bóla móntase unha a unha e á man . 

A bóla de Nadal Vigo xa é un dos obxectos máis buscados. Tamén por primeira vez este ano vémola noutras cidades galegas con ilustracións da praza das Praterías en Santiago ou a Torre de Hércules da Coruña. Todo co aval da marca Artesanía de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade