Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres feridos nun aparatoso accidente en Vigo cun coche empotrado contra o muro dunha vivenda

Tres feridos nun aparatoso accidente en Vigo cun coche empotrado contra o muro dunha vivenda

O vehículo saíu da vía en Santa Cristina de Lavadores e acabou dentro dunha leira particular

Imaxe cedida por Vigoe.es Imaxe cedida por Vigoe.es
G24.gal 12/12/2025 21:38

Tres persoas resultaron feridas este venres pola tarde nun aparatoso accidente de tráfico ocorrido no barrio vigués de Lavadores, cando un coche  saíu da vía e acabou empotrado contra o muro dunha vivenda.

O suceso produciuse arredor das 20.20 horas na zona de Santa Cristina de Lavadores.

O turismo perdeu o control por causas que se descoñecen e acabou dentro da parcela dunha casa particular.

Os tres ocupantes do coche resultaron feridos e precisaron asistencia sanitaria no lugar.

O servizo de emerxencias mobilizou dúas ambulancias do 061 para atender as vítimas.

A Policía Local desprazouse ata o lugar do accidente para regular o tráfico e iniciar as dilixencias correspondentes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade