Publicador de contidos

Publicador de contidos

Raiolas Lugo celebra 25 anos de apoio ás persoas con trastornos do espectro autista

Raiolas Lugo celebra 25 anos de apoio ás persoas con trastornos do espectro autista

A asociación atende máis dun cento de menores e de adultos con TEA, ademais das súas familias

O acto do 25 aniversario de Raiolas encheu o auditorio do Vello Cárcere
Félix Aragunde 12/12/2025 20:24

Raiolas Lugo cumpre 25 anos ao servizo das persoas con Trastorno do Espectro Autista e as súas familias. Para conmemorar este cuarto de século, a asociación celebrou un acto no Vello Cárcere da capital luguesa, que contou cunha nutrida asistencia.  

"Non había ningunha estrutura dentro de Lugo e agora levamos 25 anos. O ano pasado abrimos o centro de día, que xa é un grande logro, e o que nos gustaría facer para o futuro é ter vivendas tuteladas, con apoios, para que sigan crecendo e evolucionando", sinala Iván Ignacio Pérez, voceiro de Raiolas. 

Actualmente, o equipo de psicólogos, logopedas e terapeutas ocupacionais de Raiolas atende máis dun cento de familias, o que implica máis de 300 persoas, incluíndo os proxenitores e mais os rapaces e adultos con autismo.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade