Cargando resultados...
Fabiola García comproba o avance do Centro Integral de Autismo de Friol
A Xunta inviste 4,7 millóns de euros nunha instalación que situará a Galicia como referencia
G24.gal
24/01/2026 15:07
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou as obras do futuro centro integral de autismo de Friol, no que a Xunta inviste 4,7 millóns de euros.
O centro estará listo este ano e situará a Galicia como referene nesta materia. Contará con 48 prazas públicas e permitirá crear novos postos de traballo, favorecendo deste xeito o asentamento de poboación no rural.
A conselleira destacou a colaboración entre a Administración autonómica e o tecido asociativo para seguir mellorando a vida das persoas con discapacidade