Publicador de contidos

Publicador de contidos

A historia de superación de Alejandro Díaz

A historia de superación de Alejandro Díaz

Primer mozo que disputa unha competición feminina no circuito galego de volei praia

G24.gal 09/06/2026 11:20

Alejandro Díaz é un exemplo de superar barreiras. O mozo de 16 anos, natural de Monforte de Lemos diagnosticado con trastorno espectral autista (TEA) encontrou un espazo no voleibol. Él é o primeiro mozo que debutou na categoría cadete feminina do circuito galego formando parella coa viguesa Alba Fortes. 

Dende que comezou a prácticar este deporte, a súa evolución foi notable tanto dentro como fora da pista. A súa relación co voleibol axudoulle a desenvolver habilidades sociais e poder superar retos persoais, converténdose nunha parte fundamental da súa vida. 

A súa participación foi posible grazas a primeira licenza que permite a un neno pertencer a una estrutura feminina, ademais lle permite competir nun entorno que mellor se adapta a súas necesidades. Todo isto foi posible grazas ao seu mentor, Jorge Fortes, unha persoa que leva anos conseguindo licenzas especiais que se adecúen as condicións e lles permita practicar o deporte. Un caso é que conseguiu convencer a Federación Galega de Fútbol de que crease a licenza PDA (Persoa Discapacitada Autorizada)

Máis alá do aspecto deportivo, a historia de Alejandro é a de un adolescente con dificultades que encontrou no voleibol un lugar para crecer, gañar confianza e relacionarse cos demais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade